O próximo 6 de agosto bota a andar a fase finalista da V Mostra de cinema do Rosal, organizada coma sempre pola asociación Ghorghalado co patrocinio institucional do concello de O Rosal e a colaboración e patrocinio de algunhas entidades privadas (ROEIRASA e Viveiros da Barxa).
Ao longo de catro días poderanse ver 32 curtametraxes de todos os xéneros, entre elas as finalistas. A intención da organización é que os espectadores comecen cun sorriso e rematen cunha gargallada, por iso alternan os dramas con comedias, rematando sempre a xornada cunha destas últimas.
Nesta quinta edición presentáronse 1.112 curtametraxes de diversos países, que van dende a veciña Francia ata Canadá, Corea, Xapón ou China, entre outros países. Entre todas as presentadas fíxose unha primeira selección, a selección oficial, de 53 curtas e, destas, saíron as 28 finalistas, as que compiten por algún dos sete premios desta edición do 2025.
O mércores día 6 bota andar a fase decisiva da Mostra. A partir das 21 horas e tras a presentación da xornada, o multi-instrumentista Bieitosolo, dará un concerto composto por fragmentos de bandas sonoras e pezas relacionadas co cinema. Ao rematar comezará a proxección que nesta primeira xornada será un pouco máis curta por mor do concerto.
PUBTodas as proxeccións, así como o concerto de apertura das xornadas, serán na Praza do Maio de Tabagón.
O resto dos días a sesión terá comezo ás 22:00. Exhibiranse 8 curtas cada noite alternando dramas con comedias e outras obras de ficción. Cada xornada durará aproximadamente 90 minutos.
Todas as noites a organización ofrece chocolate quente de balde e o sábado 9, ao rematar as proxeccións, escenificarse unha queimada que poderá ser degustada pola xente presente.
Finalmente, o domingo 10 e a partir das 12:30, terá lugar a entrega de premios nos xardíns do concello de O Rosal. Nesta xornada haberá tamén música en directo, contando nesta ocasión coa actuación de Marina Sorin e Nacho Mastretta.
PUBNesta edición entregaranse premios nas seguintes categorías:
Mellor curta segundo o xurado
Mellor curta segundo o público
PUBMellor interpretación
Mellor Guión
Mellor fotografía
Mellor curta de temática social
Mellor curta rural
Con cada un dos premios entregarse o motivo distintivo da Mostra, o labirinto castrexo en granito, e una asignación económica.
A Mostra non ocupa só estes cinco días. Durante o mes de xullo xa se fixeron proxeccións en varias localizacións e continuarán todo o mes de agosto, tratando de levar o cinema a todas as parroquias ou poboacións posibles. Así está prevista a proxección de curtametraxes pertencentes á selección oficial en diversos lugares, tanto do Rosal como de concellos veciños.
Ademais contarse coa presenza de varios convidados, cineastas, actores e produtoras.
É segura a presenza de Nani Matos. Foi o gañador do premio do público na anterior edición e autor das curtas multi premiadas, Lurna e Antes de que se poña o sol. Nani é, ademais, músico e actor, tanto no cinema como no teatro. Na súa última curta, Antes de que se poña o sol, fai un papel co-protagonista, xunto a Mela Casal, Victoria Teijeiro ou Machi Salgado, entre outros.
Contarase tamén coa presenza de Alberto Díaz. Entre os seus proxectos como guionista, director e produtor suma máis de 2000 seleccións e 350 premios internacionais. Sempre no triángulo do poético, o sensorial e o filosófico. É o director e co-guinista de A Rabia, proxectada na IV edición da Mostra de Cinema do Rosal. No reparto da curta figuran Antonio Durán, maría Vázquez e Xosé A. Touriñán.
Confirmou tamén a asistencia Joan Álvarez Durán. Director e guionista. Escribiu e dirixiu as curtametraxes The dark, Ghost, e O sistema, entre outros. Escribiu tamén as longametraxes O libro das augas (Antonio Giménez-Rico, 2008), «Mystikal, a viaxe de Eldyn» (Anxo Alonso, 2010), «The forsaken» e «The Odd Perspective» (Yolanda Torres, 2015 e 2018). Paralelamente, desenvolve a función de director creativo e realizador de proxectos publicitarios, así como a docencia, impartindo clases de guión cinematográfico no Afilm International Workshops de Sitges.
Tamén se contará coa presenza de Antonio Durán, coñecido por todos como Morris. É sobradamente coñecido. Na súa dilatada carreira artística, ten traballado como actor de dobraxe, no teatro, no cinema, televisión. O seu traballo ben acreditado por catro premios Mestre Mateo e aínda máis nominacións. É, ademais, protagonista de algunha das curtas finalistas.
Paralelamente e desde o 2 ao 16 de agosto estará aberta ao público unha exposición relacionada co cinema.
Baixo o título de ORIXES DO CINEMA, fai un percorrido pola historia do sétimo arte, partindo polo interese do ser humano por plasmar o movemento ata o final dos anos trinta do pasado século. A exposición, que consta de láminas ilustrativas e contido multimedia, fai un repaso do chamado pre-cinema (os descubrimentos e inventos que deron lugar ao cinema) ata os filmes máis senlleiros da época muda. Detense nos tres grandes dos filmes mudos (Lloyd, Keaton e Chaplin) e reseña aquelas películas senlleiras, desde a chegada do tren dos Lumiere en diante.
Mais informação:
Memoria_2025_ liñas_xerais_GAL




Edição de 2024












